Crea a túa biblioteca popular!
A continuación deixámosche os arquivos necesarios para montar a túa propia biblioteca popular. Librarías, ultramarinos, comercios, bares, salóns de peiteado... Calquera establecemento pode contar cunha biblioteca popular! Só tes que seguir esta breve guía de sete pasos e descargar os materiais ó carón.
Consellos
*Calquera libro serve, mais ten presente que a idea é compartir obras que poidan gustar a un público amplo ou que conten cunha calidade literaria interesante. É por iso que recomendamos non doar libros técnicos ou moi especializados.
*Se necesitas libros para a túa biblioteca e non dás atopado suficientes, ponte en contacto connosco e procuraremos aportar os máis que poidamos.
*Cando a teñas montada, avísanos para incorporar o teu local ó mapa.
*Proba a facer da participación na biblioteca un incentivo ou premio para os teus visitantes e clientes. Motiva as persoas a facer viaxar os seus libros e compartir as súas historias. Comparte cultura!
